miércoles, 14 de septiembre de 2016

Con A de AMOR e T de TRIBO: Ciclo de conferencias sobre crianza. CARLOS GONZÁLEZ e JULIO BASULTO

Continuamos co Ciclo de conferencias sobre crianza Con A de AMOR e T de TRIBO, con Carlos González (pediatra) e Julio Basulto (nutricionista).

Con A de AMOR e T de TRIBO conta coa colaboración da GAIA DOS NENOS Ecocrianza, que antes da charla de Carlos González nos falarán da iniciativa ACM (a contra marcha): @s miúd@s viaxan máis seguros no coche a contramarcha. É así de sinxelo. Pero...como? cando? canto? por que? Escoita a nosa mensaxe!!!


CARLOS GONZÁLEZ "Autoridad y límites" e "Necesidades afectivas d@s MIÚD@S"

 
QUEN É?

Carlos González non precisa presentación...ou si? 
Pois Carlos é licenciado en Medicina pola Autónoma de Barcelona e MIR en Pediatría. Pediatra de atención primaria por oposicion en excedencia voluntaria. Presidente de ACPCAM (Asociación Catalana Pro Lactancia Materna) dende a súa fundación en 1990. Práctica privada dende 2006 en Gavà Salut Familiar. Realiza moita actividade formativa como docente e como alumno. É tamén escritor, colabora habitualmente coa revista Ser Padres dende 1994, co diario Ara dende 2010 e con diversas revistas do grupo RBA (Única, Tu bebé, El Mueble, Mente Sana, Lecturas) dende 2004. Ten publicados varios best sellers, entre eles "Mi niño no me come", "Bésame mucho", "Manual práctico de lactancia materna", "Un regalo para toda la vida, guía de lactancia materna", "Entre tu pediatra y tú", "En defensa de las vacunas" ou "Creciendo juntos".

CANDO?
  • Venres 21 de outubro ás 17:00h , "AUTORIDADE E LÍMITES": os pais e as nais teñen autoridade, e todos @s miúd@s teñen límites. Pero non debemos olvidar que a autoridade ten límites, que non podemos gritar, humillar, ridiculizar aos nosos fill@s. Non son inimigos agazapados nas sombras buscando o xeito de rir de nós e saírse coa súa. Quérennos, queren obedecernos e ternos content@s. Temos autoridade sobre os nosos fill@s, incluso aínda que non fagamos nada para merecela. Pero iso conleva unha gran responsabilidade, debemos esforzarnos por estar á altura. 
  • Sábado 22 de outubro ás 11:00h, "NECESIDADES AFECTIVAS D@S MIÚD@S": por que piden brazos os miúd@s, por que non queren dormir sos, por que choran en canto te perden de vista...@s miúd@s establecen ao longo do primeiro ano un forte apego cunha persoa, normalmente a nai, e a partir desa primeira relación irán establecendo outras relacións afectivas ao longo da súa vida. A separación da figura de apego provoca a conduta de apego: chamala, buscala, chorar...non, non lle está tomando o pelo, o que ocorre é que a necesita. E que a ama.
ONDE?

No Auditorio do Colexio La Salle na Praza de San Xoán Bautista De La Salle, 1 (Zona de San Roque), Santiago de Compostela.



JULIO BASULTO "Alimentación Infantil"


QUEN É? 

Julio Basulto tampouco precisa presentación...ou si? 
Pois Julio é Titulado en Nutrición Humana e Dietética pola Universidade de Barcelona, Dietista-nutricionista foi profesor asociado na Unidade de Nutrición Humana da Universidade Rovira i Virgili de 2005 a 2009. Ata agosto de 2013 traballou como editor na Revista Española de Nutrición Humana e Dietética e foi responsable do Grupo de Revisión, Estudio e Posicionamento da Asociación Española de Dietistas-Nutricionistas. Na actualidade, ademais de colaborar con diversos medios (Radio Nacional de España, Ser Consumidor, Revista Muy interesante, etc.) exerce como docente en varias institucións académicas e é membro de diferentes Grupos, Paneis, Sociedades ou Comités de Expertos. Julio é autor ou coautor de numerosas publicacións tanto científicas como divulgativas, por exemplo: "No más dieta", "Secretos de la gente sana", "Se me hace bola", "Comer y correr", "Mamá come sano" y "Más vegetales, menos animales".

CANDO?
  • Sábado 19 de novembro ás 11:00h , "ALIMENTACIÓN INFATIL": Non hai grandes diferenzas entre un só nen@ amamantad@ e un non amamantad@, pero si as hai se comparamos moitos máis nen@s. Ata cando convén que dure a lactacia exclusiva (sexa ou non materna)? Idade de incorporación da alimentación complementaria, e outras características importantes desta etapa. "Insistir para que coma, un pouquiño", vale? Que é unha dieta sana na infancia?
ONDE?

No Auditorio do Colexio La Salle na Praza de San Xoán Bautista De La Salle, 1 (Zona de San Roque), Santiago de Compostela.

PREZO E MATRÍCULA:
  • Unha charla:  25€
  • Dúas charlas: 40€
  • Tres charlas:  55€
Se tiveres matrícula (a matrícula formalízase ao facer a transferencia do prezo da mesma) antes do 7 de outubro facémoste un desconto de 6€ no prezo total, e os prezos quedarían así:
  • Unha charla:  19€
  • Dúas charlas: 34€
  • Tres charlas:  49€
Agora que xa pasaron as charlas de Carlos González, e ata o 4 de novembro, se queres asistir á charla de Julio Basulto tes un desconto de 6€, sendo así o coste de 19€. Para esto tes que ter feito a matrícula antes do 4 de novembro.
Para realizar a matrícula nas Conferencias de Carlos González e Julio Basulto envíanos un mail a:

charlas.compostelamiuda@gmail.com  

cos teus datos, NOME e APELIDOS, DNI e NÚMERO DE TELÉFONO, e as charlas ás que queres asistir
Enviarémosche un mail de volta con toda a información e os pasos a seguir.

Tamén as podes adquirir cun desconto de 6€ na tenda Gaia dos Nenos na Rúa Santiago de Guayaquil nº 6 en Santiago de Compostela (descontos non acumulables).

As entradas non son reembolsables, aínda que si transferibles.

Moitas grazas polo voso interese no noso ciclo de conferencias sobre crianza Con A de AMOR e T de TRIBO

ANOTÁDEVOS E COMPARTIDE!!!



Colabora




No hay comentarios:

Publicar un comentario