martes, 22 de marzo de 2016

CHARLA "Teoría do apego, vínculo e necesidades de 0 a 3 anos" con LAURA PERALES BERMEJO



Que? CHARLA "Teoría do apego, vínculo e necesidades de 0 a 3 anos" con LAURA PERALES BERMEJO (Crianza Autorregulada).
Cando? Sábado 16 de abril de 10:30 a 14:00h.
Onde? Rúa Letonia nº2 no Parque empresarial Costa Vella en Santiago de Compostela. 
A quen vai dirixido? nais, pais, embarazadas, persoas traballadoras do mundo MIÚDO (educadores/as, mestres) e demáis persoas interesadas
Acompañannos: Wish Cake que nos terá preparada unha lamberetada no descanso, e Educultoras, s. coop. galega que estarán c@s MIÚD@S que veñan cos seus pais nun obradoiro MIÚDO.
 
Despois dunha fin de semana moi especial de crianza en febreiro (podedes ler o artigo que escribimos despois aquí), da que gardamos moi bo recordo, temos a sorte de que volve Laura Perales para falarnos sobre a etapa do desenvolvemento infantil de 0 a 3 anos. A idea, é que volva dúas veces máis, para falar da infancia e da adolescencia, e así con esta triloxía abarcar todas as etapas do desenvolvemento dende o nacemento ata a adolescencia. Estes temas foron ademais pedidos polas persoas que acudiron á primeira charla con Laura.

Seguimos ca idea que esa responsabilidade fermosa que empezamos a levar nais e pais en canto a muller se queda emarazada é a chave para moitas cousas... Para criar @ nos@ fill@ con respeto e amor, crecer nos mesm@s ao facelo e quizais facer así do mundo un lugar un pouco mellor. Ou falando máis práctico: facernos con ferramentas que farán máis fácil que as cousas fluan, ter recursos para non desesperar cas moitas situacións novas cas que nos atopamos tódolos días e das que ao mellor ninguen nos falou ou non como a nos nos gustaría. En Laura temos un exemplo interesante de como se pode facer. E o que máis nos gusta de Laura é precisamente que é directa e que o que propón sempre é moi ligado á práctica. Son consellos que se poden aplicar no mesmo día! 


A charla "Teoría do apego, vínculo e necesidades de 0 a 3 anos" abarcará o periodo de desenvolvemento dende a concepción ao terceiro ano, o continuum, etapas do desenvolvemento infantil, emocións infantís, comunicación c@s nen@s, límites, sexualidade infantil, rabietas, conflitos, medos, celos..., sendo o obxectivo que as persoas asistentes integren bastante coñecemento para que se poida producir un cambio de chip importante que lles axude no día a día coa crianza d@s seus fill@s ou no seu traballo como profesionais da infancia. 

A necesidade de amor, de contacto, as demais necesidades que teñen @s miúd@s de 0 a 3 anos, cómo lle damos resposta, e cómo explica todo isto a Teoría do Apego.

A "mamitis" é sana, a dependencia nos primeiros anos é natural e sana. O contacto, o amor, os brazos e os abrazos son unha necesidade básica nos bebés. 

As rabietas, son a expresión dunha emoción. Un nen@ de 0 a 3 anos non nos está manipulando porque non pode facelo, non está desarrollado suficientemente o seu cerebro como para iso. A rabia é unha emoción sana, que debe ser expresada, pero aos pais nos costa moito, debido ao que temos vivido.

Se cando che din que non o collas tanto que se vai a malacostrumbrar por telo no colo...algo se che remove dentro...non podes perderte esta charla.
 


O coste da primeira charla é de 17€ persoa - 27€ parella se te matriculas antes do 6 de abril, e de 22€ persoa - 32€ parella dende o 7 de abril ata completar aforo.
Se ves con nen@s, educultoras teñen preparado un obradoiro no tempo que dura a charla. O coste para as 3 horas e media son 6€ polo primeiro fill@, 3 pol@ segund@ e a partir d@ terceir@ poden acudir gratis.
Se queres participar escríbenos un e-mail con nomes e apelidos dos que queren participar e che mandaremos o nº de conta para facelo ingreso da matrícula e con iso se completaría a inscripción.
Recorda que o curso so se fará se se apuntan suficientes participantes antes do 6 de abril. 

Se queres que se leve a cabo esta charla inscríbete, e implícate! 
Comparte e participa!
Matrícula e +info: compostelamiuda@gmail.com
Moitas grazas!




No hay comentarios:

Publicar un comentario