viernes, 25 de marzo de 2016

Bucando tesouros no bosque encantado. Unha visita a Aldán.

A fin de semana pasada estivemos en Aldán para facerlle unha visita a unha amiga e á súa filla. 
Collimos o tren ás 12:30h. dende Santiago ata Vigo-Urzaiz e logo baixamos andando cara ao porto para coller o barco ás terras do Morrazo, que por certo agora en temporada baixa os domingos e festivos sae dende Vigo ás e media e dende Cangas ás en punto (e os días laborables sae cada media hora). Encántame iso de coller o barco como se fose un autobús. Eu son do interior, e non do interior de Galicia senón de moito máis interior, do de Europa e máis concretamente de Alemaña. Por iso me sona moi exótico iso de coller un barco e voume fachendeando dicíndollelo aos de alá.

Botando unha soneca na teta mentres imos en barco.

O barco ponse en Cangas nuns 20 minutos máis ou menos. Alí no porto xa nos estaban a agardar para nos levar a xantar a un sitio especial: A taberna do xefe. Un sitio enxebre, dos de toda a vida, cun toque especial. O máis importante é a comida. Hai moito que non comía tan ben. Os pratos eran sinxelos, moi saborosos, os prezos máis ca razoables e o trato delicioso. É un destes sitios de racións que sempre buscas pero nunca atopas. Eu comín salpicón de ovas, tortilla e luras e quedei feliz. Gozo moito dunha boa comida. Quizais sexa por iso polo que me gusta tanto Galicia. Ao final incluso houbo pelexa na barra para ver quen pagaba, ou sexa que todo, como tiña que ser! 

Aquí no medio de Cangas é onde se come tan ben.

Despois xa nos fomos a Aldán en coche, pero tamén hai autobús. Bus máis barco saen por un prezo ridículo se se paga coa tarxeta de transporte metropolitano de Galicia (a azul), porque por enriba dos bos prezos que che fan se pagas con ela por moitas redes de transporte urbano ou interurbano, aquí o cambio dun ao outro conta como transbordo! 
Xa en Aldán tomamos un café na Panadería Cafetería Iglesias na que hai un parque de bolas para nen@s a partir de 2 anos. Como non hai ninguén nos colamos un pouco na entrada do parque para facer unhas fotos e a Iwo encántalle!!! O parque! Non as fotos.

No fantástico parque de bolas que recomendamos que instalen nalgún restaurante/cafetería de Santiago.
Por favor!!!

Cando finalmente subimos á casa, encantáronlle tamén todos os xoguetes da filla da miña amiga. Pasouno pipa!
Despois veu unha amiguiña de visita e decidimos dar todos un paseo pola praia cara a Vilariño. Iwo tenlles moita envexa ás rapazas porque andan e el ten que estar colgado de nós cando realmente quería estar abaixo na area, pero vai frío e a area está algo humida.

Que cores! É un luxo ter o mar tan preto.
Xa está caendo a tarde e vai fresquiño.
É un agasallo poder erguerse tódolos días e ter isto xusto na porta. Pregúntolle á miña amiga se ela xa está acostumada pero non. A ela tamén lle parece un agasallo e así xa sen sequera telo planeado desvelamos o primeiro tesouro. Tamén atopamos tesouros na praia. Collimos cunchas para que Iwo as toque e xogue con elas na casa. As rapazas tamén apañan nelas. Hai que preguntarlles varias veces que queren facer con elas en casa e recordarlles que xa teñen moitas.
Á mañá seguinte espértanos o arrecendo de Pfannkuchen (filloas gordas que se fan en Alemaña) e chocolate... E eu voume desfacendo moi pouco a pouco da tensión da cidade que traía acumulada no corpo. Respiro máis libremente e un pouco aliviada. 
Despois por fin iremos ao bosque encantado. Esa finca, tamén chamada de Frendoal é dos Condes de Aldán, (dos Condes de Canalejas) Nel adicábanse á caza ou a outras actividades lúdicas. Por el pasa o río Orxas e se vos adentrades un pouco máis e seguides o seu curso atoparedes unha ruta de muíños. A parte de muíños tamén hai lavadoiros, fontes, un acueducto, castelos encantados e moitas especies exóticas que son influenza da época das colonias, que alá polo século XVIII-XIX se trouxeran aquí para enriquecer os xardíns, parques e bosques. Finalmente, esta Leira dos Condes foi doada ao Concello de Cangas hai uns anos.

Entramos ao bosque encantado.

Un castelo!!!
Alguen sabe unha historia que seguro que aconteceu aqui hai moooito?

Este acuéducto levaba a auga ao pazo dos Condes.

Hai moitas construccións moi suxerentes.

Celebraron o último aniversario da nena da miña amiga aquí e organizaron para iso unha búsqueda de tesouros. Nós tamén buscamos tesouros improvisados (ou verdadeiros asegún como se queira mirar) encetados polas ganas das rapazas de xa querer estar no parque de bolas.

Máis tesouros...
Este bosque encantado ten unha de tesouros...


Todo o mundo fai a foto desta cova formada por unha raíz levantada dunha árbore caída.

Tódolos tesouros reunidos: unha flor (as flores non se deben arrincar porque morren, pero o aviso chegou tarde e así o tesouro xa ten a súa parte triste e misterioso), unhas pólas que atopamos á beira do camiño, un "tres", unha flor de eucalipto e unha pedra con forma de corazón que deixamos alí para que @s outr@s aventureir@s tamén a puidesen atopar.

O parque infantil ao lado da praia. 
Pensamos que é unha excursión con bastantes opcións para @s MIÚD@S!

Despois de pasar polo parque ao carón da praia, de comer un peixesapo boísimo na casa e facer unha visita á nai da miña amiga voltamos a Cangas e dende alí en barco a Vigo e dende alí en tren a Santiago.
Eu tamén traio un tesouro. A natureza, a terra, as árbores, a mar, a area da praia devolvéronme a forza e un pouco a confianza que tanto botei en falla ultimamente.

Aldán é unha vila de veraneo. Hai bastantes posibilidades de quedarse pola noite e tamén de comer e beber. Se pasades por alí, non deixedes de contarnos que tal foi, onde estivestes e que vos pareceu!
Seguimos de ruta!


miércoles, 23 de marzo de 2016

LOGO NON DIGADES QUE NON VOS AVISAMOS!!! Axenda MIÚDA de Semana Santa: mércores 23, xoves 24, venres 25, sábado 26 e domingo 27 de marzo de 2016.






Compartimos con vos as actividades desta Semana Santa. Se vedes que falta ou sobra algo agradeceríamovolo moito se nos avisades escribíndonos a compostelamiuda@gmail.com

Que teñades uns días cheos de amor!

Como nalgún dos días da Semana Santa non hai moita actividades, estádevos atentos ao noso muro no facebook. Iremos publicando pequenas cousas que facer c@s MIÚD@S.




MÉRCORES 23 DE MARZO


Sabiades que en Santiago había Paixón Doce? ;)


Mostra bibliográfica “Teatro e poesía infantil” na Biblioteca Pública Ánxel Casal.


Exposición Un paseo pola historia no CC As Cancelas.


En Arc Os Tilos seguro que hai algunha actividade para ti!


Ás 11:30h Ioga para mamás e bebés na Escola do Medio​.


De 11:30 a 13:30h ou de 17:00 a 19:00h "Caixa sorpresa de Pascua" Obradoiros de cociña para nenos nenas de 5 a 12 anos en Afundación, Santiago de Compostela. 

Ás 11:00 hai un obradoiro de cociña na VilaMincha. 

Ás 12:30 tedes un Easter Workshop en VilaMincha. 


Ás 12:45 Ioga postparto para mamás e bebés Alma Zen de Yoga​.


Ás 17:00n en CIRCONOVE, nave de circo​ hai Pre/Circo para artistas de entre 3 e 5 anos.


Ás 17:30h hai Foamball en Área Central.


Ás 18:30h charla sobre "Cueiros lavables" en Gaia dos Nenos.


A partir das 22:00h II Festa da Xuventude en Pontepedriña, Santiago de Compostela co DJ Marcos Magan e a Orquestra París de Noia




XOVES 24 DE MARZO

Hoxe tamén hai algo para os larpeiros de Compostela e bisbarra: Paixón Doce


Exposición temporal no Centro de Interpretación Ambiental Descubre o apaixoante mundo dos insectos


Ás 17:30h hai Foamball en Área Central. 




VENRES 25 DE MARZO
Un día para pasear e disfrutar da  Paixón Doce.


Exposición temporal no Centro de Interpretación Ambiental Descubre o apaixoante mundo dos insectos.




SÁBADO 26 DE MARZO


Aínda non caístes na tentación da Paixón Doce?


Exposición temporal no Centro de Interpretación Ambiental Descubre o apaixoante mundo dos insectos.


Mostra bibliográfica “Teatro e poesía infantil” na Biblioteca Pública Ánxel Casal.


Exposición Un paseo pola historia no CC As Cancelas.


De 9:30 a 14:00h. Sábados para ti, diversión para tod@s en Arc Os Tilos.


De 11:30 a 13:30 na Gentalha do Pichel temos danza africana en familia.


Ás 12:00 Roteiro interpretativo polo Parque de Belvís.


De 11:00h a 13:30h na aula gastrocultural do Mercado de Abastos de Santiago de Compostela, @s miud@s aprenderán a elaborar ovos e outras figuras de Pascua "Obradoiro infantil, traballamos o chocolate: figuras de Pascoa".


Ás 12:00h Choiva de contos no Salón de Actos da Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casala cargo de Lisístrata "Non che teño medo" para nenos e nenas de 3 a 12 anos.


Ás 12:00h en Circonove tedes Pre/Circo (3-5) e obradoiros para nen@s (5-9 e 10+)


Ás 17:30h hai Foamball en Área Central


De 18 a 20:00h en Área Central hai o obradoiro infantil "Árbore da familia" que ten como base a chegada da primavera.



DOMINGO 27 DE MARZO


Hmmm... Paixón Doce!


Exposición temporal no Centro de Interpretación Ambiental Descubre o apaixoante mundo dos insectos.







martes, 22 de marzo de 2016

CHARLA "Teoría do apego, vínculo e necesidades de 0 a 3 anos" con LAURA PERALES BERMEJO



Que? CHARLA "Teoría do apego, vínculo e necesidades de 0 a 3 anos" con LAURA PERALES BERMEJO (Crianza Autorregulada).
Cando? Sábado 16 de abril de 10:30 a 14:00h.
Onde? Rúa Letonia nº2 no Parque empresarial Costa Vella en Santiago de Compostela. 
A quen vai dirixido? nais, pais, embarazadas, persoas traballadoras do mundo MIÚDO (educadores/as, mestres) e demáis persoas interesadas
Acompañannos: Wish Cake que nos terá preparada unha lamberetada no descanso, e Educultoras, s. coop. galega que estarán c@s MIÚD@S que veñan cos seus pais nun obradoiro MIÚDO.
 
Despois dunha fin de semana moi especial de crianza en febreiro (podedes ler o artigo que escribimos despois aquí), da que gardamos moi bo recordo, temos a sorte de que volve Laura Perales para falarnos sobre a etapa do desenvolvemento infantil de 0 a 3 anos. A idea, é que volva dúas veces máis, para falar da infancia e da adolescencia, e así con esta triloxía abarcar todas as etapas do desenvolvemento dende o nacemento ata a adolescencia. Estes temas foron ademais pedidos polas persoas que acudiron á primeira charla con Laura.

Seguimos ca idea que esa responsabilidade fermosa que empezamos a levar nais e pais en canto a muller se queda emarazada é a chave para moitas cousas... Para criar @ nos@ fill@ con respeto e amor, crecer nos mesm@s ao facelo e quizais facer así do mundo un lugar un pouco mellor. Ou falando máis práctico: facernos con ferramentas que farán máis fácil que as cousas fluan, ter recursos para non desesperar cas moitas situacións novas cas que nos atopamos tódolos días e das que ao mellor ninguen nos falou ou non como a nos nos gustaría. En Laura temos un exemplo interesante de como se pode facer. E o que máis nos gusta de Laura é precisamente que é directa e que o que propón sempre é moi ligado á práctica. Son consellos que se poden aplicar no mesmo día! 


A charla "Teoría do apego, vínculo e necesidades de 0 a 3 anos" abarcará o periodo de desenvolvemento dende a concepción ao terceiro ano, o continuum, etapas do desenvolvemento infantil, emocións infantís, comunicación c@s nen@s, límites, sexualidade infantil, rabietas, conflitos, medos, celos..., sendo o obxectivo que as persoas asistentes integren bastante coñecemento para que se poida producir un cambio de chip importante que lles axude no día a día coa crianza d@s seus fill@s ou no seu traballo como profesionais da infancia. 

A necesidade de amor, de contacto, as demais necesidades que teñen @s miúd@s de 0 a 3 anos, cómo lle damos resposta, e cómo explica todo isto a Teoría do Apego.

A "mamitis" é sana, a dependencia nos primeiros anos é natural e sana. O contacto, o amor, os brazos e os abrazos son unha necesidade básica nos bebés. 

As rabietas, son a expresión dunha emoción. Un nen@ de 0 a 3 anos non nos está manipulando porque non pode facelo, non está desarrollado suficientemente o seu cerebro como para iso. A rabia é unha emoción sana, que debe ser expresada, pero aos pais nos costa moito, debido ao que temos vivido.

Se cando che din que non o collas tanto que se vai a malacostrumbrar por telo no colo...algo se che remove dentro...non podes perderte esta charla.
 


O coste da primeira charla é de 17€ persoa - 27€ parella se te matriculas antes do 6 de abril, e de 22€ persoa - 32€ parella dende o 7 de abril ata completar aforo.
Se ves con nen@s, educultoras teñen preparado un obradoiro no tempo que dura a charla. O coste para as 3 horas e media son 6€ polo primeiro fill@, 3 pol@ segund@ e a partir d@ terceir@ poden acudir gratis.
Se queres participar escríbenos un e-mail con nomes e apelidos dos que queren participar e che mandaremos o nº de conta para facelo ingreso da matrícula e con iso se completaría a inscripción.
Recorda que o curso so se fará se se apuntan suficientes participantes antes do 6 de abril. 

Se queres que se leve a cabo esta charla inscríbete, e implícate! 
Comparte e participa!
Matrícula e +info: compostelamiuda@gmail.com
Moitas grazas!




viernes, 18 de marzo de 2016

LOGO NON DIGADES QUE NON VOS AVISAMOS!!! Axenda MIÚDA da fin de semana: sábado 19 e domingo 20 de marzo de 2016.


























SÁBADO 19 DE MARZO DE 2016


Festas patronais na honra de San Xosé no Milladoiro, Concello de Ames. 

Festa para celebrar a chegada da primavera no Mercado Labrego de Teo, nos Tilos.

Mostra bibliográfica “Teatro e poesía infantil” na Biblioteca Pública Ánxel Casal.

Exposición temporal no Centro de Interpretación Ambiental Descubre o apaixoante mundo dos insectos.


Exposición Un paseo pola historia no CC As Cancelas.  

Na cafetería Brevanx teñen obradoiros para que @s cativ@s da casa fagan un regaliño para os papis.
 
De 9:30 a 14:00h na Asociación Recreativa e Cultural Os Tilos, Sábados para tí, diversión para tod@s.

De 10:00 a 20:00h Bio-construción con Vimbio con Idoia Cuesta organizado por VermisLab en Santiago de Compostela. 

A partir das 10:30h reunión aberta en Santiago de Compostela de El parto es Nuestro, no Centro Sociocultural Aurelio Aguirre de Conxo.  

Ás 11:00h. na Escola do Medio hai Ritmo para bebés.
 
De 11:30 a 13:30h en Espazo 90 obradoiro creativo "Así de sábado pola mañá" para nenos e nenas de máis de 6 anos organizado por Axouxeres e chisqueiros.

Ás 11:30h na Aula de Xogo do Centro Sociocultural de Santa Marta en Santiago de Compostela  #EasterPeg,Que ven aí a Pascua!!! A que non sabedes como se di en inglés? Este sábado pola mañá ensinaránnolo nunha nova edición das actividades infantís en inglés para nenas e nenos de 3 a 12 anos. 

Ás 11:30h na Biblioteca da Asociación de Veciños do Castiñeiriño, "Contacontos" organizado pola Asociación de Cultura moza Toma Castaña do Barrio.

Ás 12:00h na Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal OS SÁBADOS CHOIVA DE CONTOS: con "Imos cantar un conto" a cargo de Anxo Moure.

Ás 12:00h en Circonove tedes Pre/Circo (3-5) e obradoiros para nen@s (5-9 e 10+)

Ás 12:00 Grupo de calceta na Gaia dos Nenos.

De 17:00 a 19:00h. Obradoiro (dirixido a mulleres) de creación artística con lá "Facer ollos de deus". Igrexa da Universidade. Organiza 7H Cooperativa Cultural.

De 17:00 a 21:00h photocall histórico con Napoleón  no  Centro Comercial As Cancelas Santiago de Compostela coa Gran exposición divulgativa “Un Paseo por la Historia". Podes participar ademáis no sorteo dun reloxio.


Ás 17:30h no Centro Sociocultural de Santa Marta obradoiro en familia para nenos e nenas de 1 a 6 anos cos seus papás e mamás. 

Ás 17:30 Foamball en Area Central.

Ás 18:00h terá lugar no Teatro Principal de Santiago de Compostela a I GALA SOLIDARIA DE MAXIA organizada por Tierra de hombres a beneficio do proxecto "Viaxe cara a vida". Podedes mercar as entradas en entradas.abanca.com e na taquilla do Teatro.

Ás 18:00h Contacontos na Casa Común dos Tilos "Carmiña Miudiña, a pinga que quería ser científica", para nenos e nenas de 4 a 11 anos.

De 18:00 a 20:00h. "Sábados creativos: Cociñ-Arte: preparándonos para a Pascua do coelliño" en Área Central, a cargo de Planeta Shalom.

Ás 18:00h no Auditorio Municipal de Lalín "Xente Miúda, moita fartura" de Pablo Díaz.

Ás 18:30h no Auditorio Municipal de Padrón, "A viaxe de Rosalía".  Espectáculo de monicreques a cargo da actriz Laratiz Urruzola.

Ás 20:00h Concerto de Semana Santa da Banda Municipal de Santiago de Compostela na Igrexa de San Domingos de Bonaval.

DOMINGO 20 DE MARZO DE 2016 

Festas patronais na honra de San Xosé no Milladoiro, Concello de Ames. 

XXIV Feira do queixo e pan de Ousá, Concello de Friol.


E como sempre, se vedes que falta algo comentadeo ou mandádenos un e-mail a compostelamiuda@gmail.com!
Que teñades unha fin de semana de moito conto!

viernes, 11 de marzo de 2016

LOGO NON DIGADES QUE NON VOS AVISAMOS!!! axenda MIÚDA do sábado 12 e domingo 13 de marzo


 
  
Festa da uña- Romaría de San Lázaro no Barrio de San Lázaro de Santiago de Compostela: no quinto domingo de Cuaresma, tamén chamado "Domingo de Lázaro" este barrio compostelano celebra as súas festas.


SÁBADO 12 DE MARZO DE 2016

Exposición temporal no Centro de Interpretación Ambiental Descubre o apaixoante mundo dos insectos.

Mostra bibliográfica “Teatro e poesía infantil” na Biblioteca Pública Ánxel Casal.

Exposición Un paseo pola historia no CC As Cancelas.

De 10:30 a 12:00h para nenos e nenas de 3 a 7 anos e de 12:00 a 13:30h para nenas e nenos de 8 a 12 anos "ArcosCheff Junior" na Asociación Recreativa e Cultural Os Tilos.

De 11:00 a 18:00h actividades polo II Aniversario do PACC, Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa en San Cibrao de Lás, Ourense.

Ás 11:00h. na Escola do Medio hai Ritmo para bebés.

De 11:00 a 13:00 e de 17:30 a 18:30 Xornada de Divulgación Ambiental sobre Entomoloxía "Con Bota e Bata" no Centro de Interpretación Ambiental de Compostela.

Ás 11:30h na Aula de Xogo do Centro Sociocultural de Santa Marta en Santiago de Compostela Storytelling "The greedy python" para nenos e nenas de 3 a 12 anos.
 
De 11:30 a 13:30h en Espazo 90 obradoiro creativo "Así de sábado pola mañá" para nenos e nenas de máis de 6 anos organizado por Axouxeres e chisqueiros.

De 11:30 a 13:30 na Gentalha do Pichel temos Danza africana en familia.


Ás 12:00h Contacontos "A canción do sol" na Libraría Vagalume de Lalín.

Ás 12:00 na Biblioteca Pública Ánxel Casal OS SÁBADOS CHOIVA DE CONTOS


Ás 12:00h en Circonove tedes Pre/Circo (3-5) e obradoiros para nen@s (5-9 e 10+)

Ás 12:00h dentro do Festival Atlántica 2016 "Unha manchea de contos" no Museo do Pobo Galego Santiago de Compostela . Libre acceso.

De 12:00 a 20:00 Sábado de Mercado en O Ateneo 30.

Ás 12:00 Grupo de calceta na Gaia dos Nenos.

Ás 12:00h na Praza Roxa, Santiago de Compostela, "Xogos Populares", a cargo de Educultoras, organizado polo Centro Sociocultural e xuvenil Municipal O Ensanche.

De 12:00 a 12:30 en Aire centro de Arte. Exposiciones y talleres creativos, en Santiago de Compostela, obradoiro de estampación para nenos e nenas de 3 a 10 anos dentro das actividades das II XORNADAS DE CULTURA SEN GLUTE, "Na miña pataca había un universo".

De 17:00 a 19:30h en Aire Centro de Arte, en Santiago de Compostela, Obradoiro de Origami da man de FrufrüOrigami. Para maiores de 12 anos.
  
De 17:00 a 21:00h photocall histórico co Rey Arturo no  Centro Comercial As Cancelas Santiago de Compostela coa Gran exposición divulgativa “Un Paseo por la Historia". Podes participar ademáis no sorteo dun reloxio.

Ás 17:30h no Teatro do Colexio La Salle en Santiago de Compostela, Payasolandia especial 2016.


Ás 18:00 "Musicontos" de A Xanela do Maxín na Fundación SGAE en Santiago de Compostela.

Ás 18:00h sesión infantil dentro do Festival Atlántica 2016, en Teo, na Casa Común dos Tilos-Biblioteca Os Tilos. Libre acceso.

De 18:00 a 20:00h. "Sábados creativos: Ciencia divertida" en Área Central, a cargo de Planeta Shalom, construír neve, escuma divertida e choiva de cores para despedir o inverno.


Ás 19:00 alumnado da Escola de Baile "El Tomasón" de Ribeira farán unha exhibición no escenario principal de Area Central, en Santiago de Compostela.



DOMINGO 13 DE MARZO DE 2016

Exposición temporal no Centro de Interpretación Ambiental Descubre o apaixoante mundo dos insectos.

Ás 12:00h "La passió de Crist" Concerto especial de Semana Santa no Auditorio de Galicia de Sanatiago de Compostela a cargo da Banda Municipal de Santiago de Compostela.

Ás 12:30 "Musicontos" de A Xanela do Maxín na Fundación SGAE en Santiago de Compostela.

Ás 12:45h na Praza do Obradoiro de Santiago de Compostela "Arte na Rúa, taller pedagóxico creativo de Danza Contemporánea"  a cargo de BSdanza.

Ás 13:00h na Nave de Vidán "Vermú de Contos" dentro do Festival Atlántica 2016. 6€ entrada con petisco.


Ás 17:00h na Nave de Vidán "Maratón de contos para nenos/as" dentro do Festival Atlántica 2016. 4€.

Ás 19:00h dentro do Festival Atlántica 2016, "Os amores de Jacques o Fatalista" no Teatro Principal, en Santiago de Compostela. 10€, persoas desempregadas e estudantado 5€.




E como sempre, se vedes que falta algo comentadeo ou mandádenos un e-mail a compostelamiuda@gmail.com!
Que teñades unha fin de semana de moito conto!

viernes, 4 de marzo de 2016

LOGO NON DIGADES QUE NON VOS AVISAMOS!!! axenda MIÚDA do sábado 5 e domingo 6 de marzo




SÁBADO 5 DE MARZO DE 2016

XXI edición da Festa da Arribada de Baiona. Consulta aquí o Programa.

Mostra bibliográfica “Teatro e poesía infantil” na Biblioteca Pública Ánxel Casal.

2ª Feira de Minerais en Area Central.

A partir das 10:30h no Parque de Bombeiros (ía ser na Praza do Obradoiro pero polo mal tempo trasládase) en Santiago de Compostela, os Bombeiros celebran o seu día (que é o 8 de marzo) amosando o seu traballo diario con exhibicións de rescate en altura, excarceracións de vehículos, e obradoiros sobre mercadorías perigosas. Tamén haberá actividades para os máis pequenos da casa.

De 10:30 a 13:30h no Museo de Historia Natural da Universidade de Santiago de Compostela obradoiro: "Que son os xenes?" a cargo de MªJosé López Fernández, doutora en Biloxía, especialista en Zooloxía e Daniel Castro Fernández, licenciado en Bioloxía e investigador en formación da USC; para nenos e nenas de entre 6 e 12 anos.   

Ás 11:00h. na Escola do Medio hai Ritmo para bebés.

De 11:00 a 13:30h en VilaminchaObradoiro de ciencia musical para nenos e nenas a partir de 9 anos. 


De 11:30 a 13:30h obradoiro de cociña: aquí comemos todos: receitas sen glutenl lactosa e ovo na Sede Afundación, na Rúa do Vilar 19, Santiago de Compostela. Para nenos e nenas de 5 a 12 anos.

Ás 11:30h "A viaxe de Rosalía" no Local Multiusos do Concello de Frades, a cargo da actriz Larratiz Urruzola.   

Ás 11:30h no Centro Sociocultural de Santa Marta obradoiro "Bunny napkin ring", para nen@s de 3 a 12 anos. 


De 11:30 a 13:30h en Espazo 90 obradoiro creativo "Así de sábado pola mañá" para nenos e nenas de máis de 6 anos organizado por Axouxeres e chisqueiros.


Ás 12:00 na Biblioteca Pública Ánxel Casal OS SÁBADOS CHOIVA DE CONTOS


En Circonove tedes ás 12:00 Pre/Circo (3-5) e obradoiros para nen@s (5-9 e 10+)

Ás 12:00 Grupo de calceta na Gaia dos Nenos.

Ás 12:30h en A Estrada, espectáculo de Teatro Infantil "Luppo" de Baobab Teatro.

De 17:00 a 21:00h photocall histórico con Julio César no  Centro Comercial As Cancelas Santiago de Compostela coa Gran exposición divulgativa “Un Paseo por la Historia". Podes participar ademáis no sorteo dun reloxio.

Ás 17:30 temos a Ludoteca de Findes na balea na Cidade da Cultura.

Ás 18:00h no Centro Sociocultural de Santa Marta "Baleadas" proposta da Compañía Traspediante para toda a familia.

Ás 18:00h na Fundación SGAE en Santiago de Compostela, "Cucú Tastás" de Títeres Cachirulo.


De 18:00 a 20:00h. "Sábados creativos" en Área Central, que con motivo da 2ª Feira de Mineiras versará sobre estes, podendo crear @s miúd@s as súas propias pedras preciosas e xogar con elas. A cargo de Planeta Shalom.

Ás 21:00h na Sala Capitol, "Galadas" espectáculo multidisciplinar, dirixido por Mercedes Peón e protagonizado por diferentes mulleres de diversas disciplinas artísticas: Janet NovásMónica de NutLucía AldaoYolanda Castaño, Ana García e o broche final das ‪#‎TocadorasdeToutón‬; para celebrar o 8 de marzo.



DOMINGO 6 DE MARZO DE 2016

XXI edición da Festa da Arribada de Baiona. Consulta aquí o Programa.

2ª Feira de Minerais en Area Central.

Ás 12:00h Rapsodia para saxofón baritono no Teatro Principal de Santiago de Compostela a cargo da Banda Municipal de Santiago de Compostela.

Ás 12:30h na Fundación SGAE en Santiago de Compostela, "Cucú Tastás" de Títeres Cachirulo.



Ás 18:30h no Auditorio Municipal de Cerceda,"A viaxe de Rosalía" a cargo da actriz Larratiz Urruzola

E como sempre, se vedes que falta algo comentadeo ou mandádenos un e-mail a compostelamiuda@gmail.com!
Que teñades unha fin de semana chea de ledicia!