jueves, 15 de diciembre de 2016

LOGO NON DIGADES QUE NON VOS AVISAMOS!!! Axenda MIÚDA da fin de semana: venres 16, sábado 17 e domingo 18 de decembro de 2016.

A próxima fin de...xa é Nadal!!! así que a desfrutarrrrr!!!😜
 
"Compostela Aventureira" toda a fin de semana: 16-17-18 no pabillón Lamas de Abade en Santiago de Compostela.

Mercado da Estrela 17-18 de decembro no Museo do Pobo Galego, festival urbán para visibilizar o talento das persoas creadoras, artistas, artesáns, productoras e emprendedoras de Galicia.
 
Outro fin de semana máis Divernadal no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia, en Santiago de Compostela. 

VENRES 16 DE DECEMBRO

Ás 18:00h Teatro da Semente leva ao Auditorio Municipal do Concello de Rois o seu espectáculo para a primeira infancia "Chíos".

Ás 18:00h no Mercado de Nadal, na Carreira do Conde en Santiago de Compostela, "Obradoiro de cociña: renos e buhos de chocolate".

A partir das 18:00h no Centro Sociocultural de Vite José Saramago "Festa do Nadal con actuación do Dúo Fantasía".

SÁBADO 17 DE DECEMBRO

Ás 11:00h "Visitas Contadas" no Museo das Peregrinacións e de Santiago, en Santiago de Compostela. Visita guiada combinada cunha sesión de contacontos a cargo da Compañía TEP Teatro en Punto.

Ás 11:30h no Mercado de Nadal, na Carreira do Conde en Santiago de Compostela, "Obradoiro: creando ratos de Nadal".

Ás 12:00h na Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal "O bardo Abelardo".

Ás 12:00h Obradoiro de xoguetes con material de refugallo no CIAC (Centro de Interpretación Ambiental de Compostela) en Belvís.

Ás 12:00h Xogos na Praza Roxa, en caso de choiva no Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal O Ensanche, en Santiago de Compostela, con motivo da Festa polo X Aniversario.

Ás 12:00h "Nexos infantil: Valle-Inclán" na Biblioteca e Arquivo de Galicia na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela.

Ás 12:00h no Centro Social Polivalente do Concello de Trazo "O castiñeiro do Apalpador".

Ás 13:00h "Area en Danza con Alfaia"  Sesión vermut&tapas: a música sonará na esquina verde de Área Central en Santiago de Compostela e a pista de baile se abrirá para acoller diferentes actuacións e clases abertas de Lindy Hop. 

A partir das 16:00h X Carreira Ciclista do Pavo nos arredores do Parque do Río Ameneiral en Bertamiráns, Concello de Ames. 

De 16:30 a 19:30h na Aula da Natureza do Concello de Ames "Constrúe o teu propio microscopio electrónico", pais/nais con miúd@s a partir de 6 anos.

Ás 18:00h no Mercado de Nadal, na Carreira do Conde en Santiago de Compostela, "Obradoiro: títeres de Nadal".

Ás 18:00h Actuación de Isla LeTriska, no Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal O Ensanche, en Santiago de Compostela, con motivo da Festa polo X Aniversario.

Ás 18:00h na Gentalha do Pichel en Santiago de Compostela, "A Candeloria".

A partir das 18:00h "Area en Danza con Alfaia"  mostra de danza Nadal Alfaia: o alumnado da escola realizará unha exhibición. Logo pista de baile e sesión DJ a cargo de Animus. En Area Central Centro Comercial en Santiago de Compostela.

Ás 18:00h en Area Central Centro Comercial en Santiago de Compostela, "bados creativos: especial monicreques" levar luvas ou calcetíns!

Ás 18:00h no Centro Sociocultural de Santa Marta en Santiago de Compostela, "A chungatrona" de Peter Punk Pallaso.

Ás 18:00h na Fundación SGAE en Santiago de Compostela, no Ciclo de Escea en Familia : "Orellas de Trapo" de Títeres Brincadeira.

Ás 18:30h "O crebanoces" de Larraitz Urruzola no Centro Sociocultural de Conxo en Santiago de Compostela.

Ás 19:00h Concerto con The Tetas Band, no Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal O Ensanche, en Santiago de Compostela, con motivo da Festa polo X Aniversario.

Ás 20:00h Chocolatada, no Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal O Ensanche, en Santiago de Compostela, con motivo da Festa polo X Aniversario.

A partir das 20:00h "Concerto de Nadal" concerto de corais na Casa da Cultura do Milladoiro.

Ás 20:00h no Teatro Principal en Santiago de Compostela "Brundibar", ópera infantil de Hans Krása con dirección de escea e monólogo de Cándido Pazó.


DOMINGO 18 DE DECEMBRO 

Ás 11:30h no Mercado de Nadal, na Carreira do Conde en Santiago de Compostela, "Obradoiro: adornos para o cabelo".

Ás 12:30h na Fundación SGAE en Santiago de Compostela, no Ciclo de Escea en Familia : "Orellas de Trapo" de Títeres Brincadeira.

Ás 18:00h no Mercado de Nadal, na Carreira do Conde en Santiago de Compostela, "Obradoiro: móbil de colgar con anxiños".

Ás 19:00h "A Gramola Gominola" estará no Auditorio da Casa da Cultura do  Concello de Outes.


viernes, 9 de diciembre de 2016

LOGO NON DIGADES QUE NON VOS AVISAMOS!!! Axenda MIÚDA da fin de semana: venres 9, sábado 10 e domingo 11 de decembro de 2016



Mercado de Nadal na Carreira do Conde en Santiago de Compostela.
The Market Pop Up na sede de Afundación na Rúa do Vilar en Santiago de Compsotela.


VENRES 9 DE DECEMBRO
De 11:00 a 14:00h e de 16:30 a 20:30h no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia en Santiago de Compostela, "Divernadal", para miúd@s de 2 a 12 anos.

De 17:30 a 20:30h en Área Central Centro Comercial en Santiago de Compostela,  Espazo de xogoteca e xogos xigantes ludoteca infantil e xogos en tamaño XXL.

Ás 17:35h na Mediateca do Grilo de Cacheiras, Concello de Teo, dentro do Titiriberia, "Teatro Dom Roberto" de Sara Henriques. Todos os públicos.

Ás 18:00h no Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal O Ensanche, en Santiago de Compostela, "Venres en familia: O agasallo viaxeiro".

Ás 18:15h na Mediateca do Grilo de Cacheiras, Concello de Teo, dentro do Titiriberia, "Vida, crimes e prisión de Toribio de Mañón" de Viravolta Títeres. Todos os públicos.

Ás 19:15h na Mediateca do Grilo de Cacheiras, Concello de Teo, dentro do Titiriberia, "Barriga Verde ataca de novo" de Títeres Alakrán. 

Ás 20:00h na Mediateca do Grilo de Cacheiras, Concello de Teo, dentro do Titiriberia, Coloquio Lembranzas de Barriga Verde merenda coloquio sobre o papel dos títeres nas feiras e celebracións locais de antano. Todos os públicos.

Ás 21:00h no Auditorio Constante Liste na Ramallosa, Concello de Teo, peche do festival Titiriberia co concerto de Caxade. Todos os públicos.


SÁBADO 10 DE DECEMBRO

De 11:00 a 14:00h e de 16:30 a 20:30h no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia en Santiago de Compostela, "Divernadal", para miúd@s de 2 a 12 anos.

Ás 11:00h no Centro Sociocultural de Santa Marta en Santiago de Compostela, charla "Un animal non é un xoguete" a cargo da Asociación Só lles falta falar.

Ás 11:00h na Gaia dos Nenos en Santiago de Compostela, charla do Bosque de Beni a cargo de Luz Outeiral e Geni Iglesias. Última charla do Ciclo de Conferencias sobre crianza con A de amor e T de tribo.

De 11:00 a 13:00h no Centro Comercial Compostela El Corte Inglés en Santiago de Compostela, "O Polo Pepe" estará firmando libros.

Ás 11:30h no Mercado de Nadal, na Carreira do Conde en Santiago de Compostela, Obradoiros con Floriforma, colgantes para árbores de Nadal para miúd@s de 6-7 anos.

De 12:00 a 14:30h "Mercado de Troco do xogo e xoguete" na Praza Aurelio Aguirre en Conxo, Santiago de Compostela. A partir das 12:00h Brazolinda presenta o catálogo de xoguetes. Ás 13:00h Xogos tradicionais e populares.

Ás 12:00h na Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal "Os sábados choiva de contos: un Nadal cheo de contos"sesión de contacontos con Lisístrata para miúd@s de 3 a 12 anos.

Ás 12:00h no Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal O Ensanche, en Santiago de Compostela, "Entre arrolos e contiños" Programa Apego. Sesión de contos con música. De 6 meses a 4 anos.

Ás 12:00h no Mercado de Nadal, na Carreira do Conde en Santiago de Compostela, Facemos a árbore colectiva.

De 17:00 a 19:00h "Mercado de Troco do xogo e xoguete" na Praza Aurelio Aguirre en Conxo, Santiago de Compostela. Ás 18:00h música+contos.

De 17:00 a 19:00h "Manualidades en familia" no CEIP A Ramallosa, Concello de Teo.

De 17:30 a 20:30h en Área Central Centro Comercial en Santiago de Compostela,  Espazo de xogoteca e xogos xigantes ludoteca infantil e xogos en tamaño XXL.

De 18:00 a 20:30h en Área Central Centro Comercial en Santiago de Compostela, Visita de Papá Noel, animador caracterizado de Papá Noel encherá de ledicia aos máis pequen@s.

Ás 18:00h no Mercado de Nadal, na Carreira do Conde en Santiago de Compostela, Obradoiro Paxaros frioleiros con pelotas de ping pong. 

Ás 18:00h en Lalín, no Espazo Liñares do Pazo de Liñares-Prado-Lalín "Punchinelis" de Siesta Teatro.
 
Ás 18:00h en Área Central Centro Comercial en Santiago de Compostela, Sábados Creativos: especial Cociñ-Arte! elaboración de bonecos de neve e galletas-reno para unha tarde deliciosa.


DOMINGO 11 DE DECEMBRO

De 11:00 a 14:00h e de 16:30 a 20:30h no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia en Santiago de Compostela, "Divernadal", para miúd@s de 2 a 12 anos.

Ás 11:30h no Mercado de Nadal, na Carreira do Conde en Santiago de Compostela, Obradoiro Carta decorada para os nosos agasallos.

De 17:30 a 20:30h en Área Central Centro Comercial en Santiago de Compostela,  Espazo de xogoteca e xogos xigantes ludoteca infantil e xogos en tamaño XXL.

De 18:00 a 20:30h en Área Central Centro Comercial en Santiago de Compostela, Visita de Papá Noel, animador caracterizado de Papá Noel encherá de ledicia aos máis pequen@s.

Ás 18:00h no Mercado de Nadal, na Carreira do Conde en Santiago de Compostela, Obradoiro con Sam Fall. Pulseiras de coiro trenzadas, a partir de 14 anos. Miúd@s menores de 14 anos farán animais con tubos de cartón.

Ás 18:00h no Auditorio Municipal de Cerceda "15 primaveras" de Mamá Cabra.



sábado, 3 de diciembre de 2016

Calendario de Nadal - Weihnachtskalender

Eu son alemá e alá no norte tódol@s MIÚD@S (e @s non-MIÚD@S que se precien tamén) teñen un calendario de Nadal. Alá dise Weihnachtskalender.
O meu primeiro Weihnachtskalender estaba feito a mán polos meus pais de caixiñas de fósforos. Era precioso, a saber onde andará... Logo os había de papel e detrás de cada portiña descubrías unha imaxe. Os calendarios, tamén chamados de advento, na RDA normalmente eran reutilizables, é dicir que meus pais lle puñan tódalas noites algo e así ano trás ano. Cando caeu o muro chegaron os que eran de usar e tirar. Neles xa de entrada había algo detrás de tódalas portas. Iso era interesante. Podías caer na tentación de abrilas portiñas antes de que lles tocase. O malo era que cando chegaba o día sabías o que había detrás ou xa non había nada. Iso non chistaba tanto.
Recordo a ilusión de buscar tódolos días a porta correspondente e abríla... Era o mes máis bonito do ano, bueno, despois de novembro, cando é o meu aniversario.

E agora estou no outro lado! Mercámoslle este calendario a Iwo...


...e poñémoslle algunha cousa tódalas noites.

Aquí iremos publicando ideas para sorprender aos peques con detalliños para poñer detrás das portiñas ou dentro das bolsiñas que é o caso deste calendario.

1 de decembro
A Iwo encántanlle as luces e o que se ve saíndo da primeira bolsiña é unha cadea de luces de abetos que se iluminan de verde cando a encendemos á noite. Quería terlle metido unha de estrelas porque está tolo por elas pero non houbo sorte de atopalas. Máis unha estreliña caerá nalgún momento. Xa veredes.

2 de decembro
Púxenlle un ovo duro. Sona raro, pero explícome: Iwo ten case dou anos (cumpre en febreiro) e a cousa era ter el un ovo e máis eu outro para amosarlle como pelalo! Fíxose todo un experto. Encantoulle pelalo e comelo tamén! Pasámolo pipa.

3 de decembro
Hoxe puxémoslle uns arandos frescos. Hainos nas froiterías e non son moi baratos. Pero como precisamente por iso non os comemos nunca quedou moi especial. Zampounos todos nun plís e non nos deixou nin a mostra.

4 de decembro
O outro día fixemos unhas pastas de Nadal unha amiga e máis Julia, Cibrán, Iwo e eu. Fixémolas con fariña integral, panela, compota de mazá, margarina e levadura química e quedaron moi xeitosas. As pastas de Nadal son tamén moi típicas de Alemaña. Miña nai fainas agora máis que cando eramos pequenos porque cando eramos pequenos non tiña tempo e nos criamos que non lle gustaba...
E eu gardei unhas poucas para metelas no calendario de Iwo. Unhas poucas estrelas, claro. Quedou encantado de volver atopalas alí.

5 de decembro
Atopei na casa un minilibro de notas e llo metín nun dos bolsiños do Weihnachtskalender.  De momento leva unha dedicatoria, un corazón vermello sobre fondo verde e (como non) unha estrela. debuxados no seu interior Teño pensado irllo enchendo de cousiñas: recordos, pegatinas, igual algunha prantiña seca, unha plumiña, algunha mini-foto e o que nos atopemos por aí. Ao sacalo do calendario non lle fixo moito caso. So cando lle pegamos unhas estrelas, pero xa lle irá facendo gracia co tempo... De feito, mentras estou escribindo non para de pegarlle estrelas.

6 de decembro
Tocaron frambosas. Hmmmm. Iwo estaba un pouco durmidiño (pasamos unhas noites, meu deus, desvélase pola tos e ponse a chorar seguido, so vale saír a rúa, imaxinádevos eu por alí cun bebé de 2 anos na mochila ás 5 da mañá no medio de tódala xente saíndo por aí) e así non as quixo comer todas, é dicir que esta vez pudímolas catar nos tamén. Puxémosllas nos dedos, antes de comelas, iso gustoulle bastante e nos pedía facelo unha e outra vez.

E a ver que lle poñemos mañá... Aínda teñoo que pensar.

Grazas por ler, comentar e compartir!

jueves, 1 de diciembre de 2016

LOGO NON DIGADES QUE NON VOS AVISAMOS!!! Axenda MIÚDA da fin de semana: venres 2, sábado 3 e domingo 4 de decembro de 2016nda MIÚDA


Mercado de Nadal en Compostela, na Rúa Carreira do Conde.

III Mercadillo Solidario De La AECC en Santiago de Compostela na Fundación Eugenio Granell na Praza do Toural en Santiago de Compostela.

Culturgal 2016 en Pontevedra.


VENRES 2 DE DECEMBRO

Ás 17:30h nos corredores e exteriores de Área Central Centro Comercial en Santiago de Compostela, Acendido da iluminación e da decoración de Nadal.

Ás 18:00h "Venres en familia: decoramos a mesa de Nadal" no Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal O Ensanche en Santiago de Compostela.

Ás 19:30h inauguración da tempada de nadal en Centro Comercial As Cancelas Santiago de Compostela. Prendido do alumeado e show infantil co PayasoJano, na zona de La Biela (planta 2).

SÁBADO 3 DE DECEMBRO

Ás 12:00h na Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal,Os sábados, choiva de contos. Contos argalleiros; a cargo de Marisa Irimia para miúd@s de 3 a 12 anos no Salón de Actos.


Ás 18:00h en Área Central Centro Comercial en Santiago de Compostela, Sábados creativos: sesión de contacontos con obradoiro temático "Preparándonos para a maxia do Nadal"

Ás 18:00h na Fundación SGAE (Rúa das Salvadas, 2A. Parque de Vista Alegre, Santiago de Compostela), Teatro Escena presenta "Astokillo" recomendado a partir de 3 anos, todos os públicos.

Ás 18:30h no Auditorio de Galicia en Santiago de Compostela,A Nena Que Quería Navegar de Redrum Teatro.


DOMINGO 4 DE DECEMBRO 

Ás 12:00h e ás 13:00h "Veu por aquí, marchou por alá" Percubebés no Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal O Ensanche en Santiago de Compostela.

Ás 12:30h na Fundación SGAE (Rúa das Salvadas, 2A. Parque de Vista Alegre, Santiago de Compostela), Teatro Escena presenta "Astokillo" recomendado a partir de 3 anos, todos os públicos.

De 17:30 a 20:30h en Área Central Centro Comercial en Santiago de Compostela, Espazo de xogoteca e xogos xigantes, zona de xogos para pequenos e maiores, ludoteca infantil e xogos en tamaño XXL.

Ás 18:00h Can Cun Quinqué (obradoiro de danza) no Centro Sociocultural de Vite. Programa 12 doces do outono.

Ás 18:00h "Continentes" de Chus Álvarez no Local Sociocultural de Lavacolla. No Programa 12 doces do outono.

Ás 18:00h en Área Central Centro Comercial en Santiago de Compostela, A bailar no Nadal, divertido espectáculo con xogos, cancións cantadas en directo, maxia, concurso de baile e batalla de globos.

Ás 18:30h no Auditorio de Galicia en Santiago de Compostela,A Nena Que Quería Navegar de Redrum Teatro.


lunes, 28 de noviembre de 2016

Unha visita ao Bosque de Beni ou O garfo é para comer

Eu dou clases de alemán e a maioría dos nenos que chegan as miñas clases non queren aprender. E non é porque sexan vagos. Creo que non saben o que é. Xa non conectan unha asignatura como pode ser un idioma ca alegría que sinten no recreo ao descubrir algo novo. Aprender é cando chegas a terreo descoñecido e o exploras e te fas con el, non? Pois cando chegan a ese terreo sinto que hai un bloqueo e eles con voz queixosa me din que non saben. Non so me pasa con nenos tamén con adultos...

Rebeca Wild di que cunha crianza como ela a concibe, crearíanse humanos que cada día de novo saltarían con alegría e de cabeza á auga fría. Na nosa sociedade o que eu noto é medo. Eu teño medo, moito medo. Son artista, o meu futuro é incerto e non me pego ese chapuzón do que fala Rebeca con gusto, non. Eu estou no borde da piscina, tiritando pisándome os meus propios pes e pensando compulsivamente como poder evitar ese chapuzón, inventándome maneiras e maneiras. Pero o que eu quero está aí abaixo na auga e non poder chegar fai que se me enchan os ollos de bágoas.

Non quero que Iwo teña o mesmo problema ou un parecido así que busco outras maneiras de criar. E un xeito diferente de funcionar ten O Bosque de Beni de Cangas. Estivemos alí na súa festa de verán no xuño pasado (que lonxe parece xa), entre árbores con sol e vento fresco nun día caluroso. Falei con Luz que é un pouco como unha árbore ben forte no centro do bosque de Beni. Tamén estiven charlando con Geni Iglesias, unha das nais que vai coidando ese bosque para que creza san e forte.


Ao entrar na casa do bosque de Beni había dous rapaces que xogaban dentro dunha casiña feita por eles. Marcaron a entrada cuns pilares azuis con dúas piñas enrriba. Pareceulles inacceptable que Iwo entrara por unha parede da súa morada. Non lles gustou tampouco que Iwo pasara pola porta porque a casa era súa. Sabía que iso estaba ben según esa maneira de criar que me gusta a min e da que aínda sabía moi pouco. Nela @s nen@s non son obligad@s a facer cousas. Respétanse as súas decisións. Cóntase con elas. Sona lóxico pero iso significa que non teñen que compartir se non queren e tampouco teñen que dar bicos, por exemplo. Tal e como nos @s adult@s tampouco temos que compartir o noso coche, vestido, móbil, casa con xente que nos atopamos no traballo, no curso de cociña ou nun bar. Logo sabía que estaba ben que defendían o seu territorio e o seu xogo e non o cedían cabizbaixo porque algún@ adult@ os aleccionara de que o tiñan que compartir. Do que non tiña nin idea era como reaccionar e nese momento coñecín a Luz, facéndolle un espazo a Iwo. Díxolles que estaba ben que non se tiñan que enfadar con Iwo por entrar que llo dicían e xa estaba. Que de todas maneiras que recordasen que aínda que tiveran o seu espazo, a súa casa, que calquera tiña que poder acceder aos xoguetes que había na zona da casa gardada, que tiñan que deixar pasar a Iwo, quen estaba collendo unhas madeiras para construir torres, casiñas ou o que sexa que se poña diante.

Aquí estaba a casiña na que irrompeu Iwo.

CM: Que distingue a unha escola das convencionais do Bosque de Beni
Luz: Amor, respeto confianza. Respétase a liberdade, os desexos e as necesidades n@s nen@s.
CM: O como se trasladen estos conceptos á realidade. Depende un pouqiño de como se definen, non? Quizáis nos poidas poñer uns exemplos de cousas que facedes diferentes?
Luz: O periódo de adaptación por exemplo: no bosque de Beni é individual para cada caso, acompañado e dura o tempo que se precise. 
Xa me falara Geni Iglesias do periodo de adaptación. Non ten por que haber lágrimas nun periodo de adaptación. No bosque de Beni, nai ou pai quedan c@ nen@ nov@ na galería e @ nen@ marcha a estar c@s outr@s nen@s cando se sinte preparad@. Ata que chegue o día no que ao entrar pola porta xa se despide el@ mesm@. Coméntame tamén que claro que hai casos n@s que @ nen@ non está preparado para desprenderse aínda do colo da súa nai e hai que intentalo uns meses máis tarde.
Luz: Outra diferencia con proxectos educativos/de crianza tradicionais é que no Bosque de Beni @s MIÚD@S propónselles actividades e eles elixen se queren facelas. Se queren saír ao xardín o fan, se queren quedar dentro tamén, se queren seguen as actividades que se propoñen e se non queren non. Seguen os seus impulsos. Non hai que quedar un tempo determinado na actividade, no interior ou exterior da casa.

Geni Iglesias destacara tamén que nas actividades séguense uns cíclos: diarios, semanais e da época. Por exemplo os luns faise acuarela e cómese arroz, os martes faise cera de abella e cómese cebada etc. Cada época ten as súas cantigas, o seu xogo de dedos, trabalinguas, adiviñas e manualidades en preparación da celebración ca que remata. Agora por exemplo estamos na etapa do adviento que acaba con nadal.

Cando nos fomos era verán. Encantáronme estos arreglos florais. 
Dan ganas de ter un rincón así na casa.

Luz séguenos a falar das cousas que @s que non estamos acostumados ás formas alternativas de levar unha escoliña nos poden parecer interesantes:
Luz: Tod@s veñen no mesmo horario. O bosque de Beni habítase de 9:30 a 14:00 e nese horario si que teñen que estar tod@s habitualmente. O que se quere é que o Bosque de Beni sexa un fogar, unha gran familia porque no primeiro septenio d@s nen@s as crianzas deberían estar no fogar, no colo da familia. Xa sabemos que iso na nosa sociedade non é case nunca posible por iso se trata de recrear este fogar.
O bosque de Beni tamén se diferencia no xeito no que se lles fala @s nen@s. Non se lles berra e polo contrario escóitaselles. A diferencia tamén está en como se lles manipula fisicamente. Aquí preguntamos @s miúd@s antes de collel@s, antes de levalos a calquera sitio antes de entrar en contacto corporal con eles. Respetamos o corpo da crianza.
Non se amenaza e non se chantaxea. Non se usan as típicas frases que escoitamos tantas veces: Se non fas isto logo non terás tal.
CM: De que pedagoxía bebe O Bosque de Beni?
Luz: A base é Waldorf e hai bastante tamén do que escribiron Rebeca y Mauricio Wild do seu proxecto en Ecuador a parte do que aprendemos cada día aquí no Bosque de Beni e doutros lugares como esta escoliña e doutra xente inmersa en algo como nós.
CM: E como definirías a pedagoxía Waldorf en 3 apuntes?
Luz: Waldorf é a pedagoxía da liberdade. Ten en conta as necesidades do ser humano. Atende ás tres facultades anímicas: sentir, pensar, vontade. O que ten de especial é que é a única pedagoxía que tamén atende á parte espiritual é dicir que atende de verdade a tódalas necesidades. Baséase na filosofía antroposófica que trata o ser humano en tódolos seus aspectos. 
Luz e máis eu estivemos de acordo en que había que facer fincapé, porque a xente tende a confundilo, en que a espiritualidade e a relixión son dúas cousas ben diferentes na que a relixión é unha das respostas á espiritualidade. Na wikipedia atopei unha definición de espiritualidad que quizáis explique un pouco o que é: Disposición principalmente moral, psíquica ou cultural, que posee quen tende a investigar e desenvolver as características do seu espíritu.


CM: Quero volver a algo do que falamos antes. Dixéches que as crianzas podían seguir os seus impulsos. Iso non é peligroso? Tod@s @s que coñecemos @s MIÚD@S sabemos que teñen un certo grado de inconsciencia que @s pode facer parecer ou ser máis ou menos temerarios dependendo da súa idade.
Luz: Si, por suposto. Por iso poñemos límites. Hai límites de supervivencia e normas de convivencia. Iso é básico.
CM: Claro, porque se non hai regras non hai xogo, verade?
Luz: Si! As crianzas saben por exemplo que no interior da casa tense que xogar de maneira tranquila e que para xogos máis animados teñen o exterior. Así aprenden a escoller o que queren según como se sinten. Outra das reglas básicas son: ca auga so se xoga fora. Non está permitido facer dano a espazo, mobiliario e material, nin por suposto ás persoas. Tampouco permitimos que os temperamentos máis invasivos impidan o xogo aos temperamentos máis sosegados. Por iso tamén fai falla que o xogo teña reglas.
CM: Non é fácil criar desa maneira, non? Paréceme que temos que reaprender a maneira de comunicarnos c@s MIÚD@S e con tódalas persoas en xeral.
Luz: Pois si. É un traballo forte de autoconsciencia. Hai que estar moi atent@s a que non se nos escapen as típicas expresións que levamos dentro dende que nos fomos pequen@s e nolas repetiron mil veces. Este traballo de crianza realmente é un contínuo traballo en nós mesmas: postura, linguaxe corporal, idioma, capacidades artísticas, musicáis etc. Iso é o que propón a pedagoxía Waldorf: traballar en ti, porque ti es o modelo que eles van imitar. Precisamente por iso a crianza é comunitaria. Tod@s somos modelos. E ese traballo non acaba cando se pechan as portas do Bosque de Beni detrás deles. Ten que seguir fora, ten que seguir nas familias. Teñen que implicarse e aprender a resolver conflictos, a aprender a facer tratos, a poñer límites e todo cunha actitude respetuosa. A crianza tense que confirmar na casa
CM: E por iso tamén tedes un grupo de crianza para as nais e os pais. Certo?
Luz: Si. Recomendamos libros para que lean. Temos aquí no Bosque de Beni unha biblioteca con moitos volumenes moi interesantes. Facemos obradoiros de habilidades emocionais etc...
Pero agora mesmo non hai...
CM: ...porque xa a maioría dos pais saben o básico?
Luz: Bueno, si, pero estaría ben que houbera un acompañamento en todo momento. Non, básicamente é porque houbo cambios no equipo humano e iso supuxo moito traballo ademáis diso estamos pensando no futuro do Bosque de Beni e estamos traballando nel.
Geni me comentou que o bosque de Beni está intentando sacar primaria. Non é fácil. Hai que tener moitas condicóns. Esperamos que o consiga xa vos contaremos.
CM: E que libros podes recomendar aos pais que queiran mergularse en esa maneira diferente de criar?
Luz: Que lean a Rebeca Wild. Por exemplo: Educar para ser o Libertad y límites: amor y respeto. Andar, hablar, pensar de Rudolf Steiner. Los tres primeros años del niño de Karl König. E quizais La filosofía de la libertad de Rudolf Steiner quen foi o fundador da educación Waldorf, pero xa é unha lectura un pouco máis esixente. Ah, e Las etapas evolutivas del niño de Bernard Livegoed.
CM: E cal é a túa recomendación para nais e pais que non teñen un espazo como o voso a mán?
Luz: Quedarse na casa como mínimo ata que a crianza teña 3 anos. Hai que escoller entre manter a vida pública e a crianza.
CM: Uf, que duro e onde queda o feminismo. Porque ti es feminista, verdade?
Luz:  Por suposto tamén o home ten que implicarse. Todo pasa porque creamos outro paradigma, outro modelo de vida pública. Ser nai ten que significar o que é: un triunfo! E aí está o feminismo, busca un mundo diferente. A revolución é das crianzas. Unh@ MIÚD@ respetad@ será outra persoa diferente de maior que unh@ que non creceu así.
CM: Como ves o noso futuro en xeral?
Luz: Ao velo de cerca o mundo apodrece cada vez máis, pero van xermolando cousas. Antes eran raros os espazos como O Bosque de Beni. Agora vense cada vez máis. Hai moito movemento. Eu son optimista. O cambio está cerca.

  

Xa de volta en Compostela mentras comemos Iwo e máis eu penso en todo isto e me escoito dicir: "Non, o garfo non se tira. O garfo é para comer..." Penso que é mellor non tiralos garfos porque doe bastante atoparse no medio do camiño dun garfo voador, pero é certo que so son para comer? Tod@s usamos xa un garfo para outras cousas e bo servizo nos deu. Estaría ben abrir os nosos horizontes. O garfo normalmente úsase para comer pero tamén os vin convertidos en obras de arte, abrir cervexas, remover a terra dunha maceta, pechar un circuito eléctrico e a saber que máis se podería inventar Iwo se nonlle pechara esta porta.

Moitas grazas por ler, comentar e compartir.

Convidámosvos a que acudedes á charla-coloquio que darán entre Luz e Geni o día 10 de decembro 2016 na Gaia dos nenos en Santiago de Compostela. Tedes toda a info aquí.

jueves, 24 de noviembre de 2016

O xogo de pintar - entrevista con Patricia Rivera e Elena Cristobal -2ª parte: O xogo

Nesta segunda parte do artigo sobre a entrevista con Patricia Rivera e Elena Cristóbal quero adicarlla ao xogo. O xogo semella ser o grande incomprendido, esquecido, malinterpretado e desaparecido dos nosos días.
O día aquel, chuvioso e gris de outubro no que quedei con Patricia e Elena, volvimos sobre este tema unha e outra vez polo importante e complexo que é e porque eu non tiña nada claro de que xogo me estaban a falar. Non sabía se eu sabía xogar nin cando, nin como, nin se realmente o fixen algunha vez. E tamén porque as tres estivemos de acordo que había que afondar no asunto para poder transmitir ben a súa importancia e riqueza, para que o xogo volva pronto ao lugar que lle corresponde. 




O xogo. Apuntamentos a modo de definición.

Xogar é cando estás submers@ nunha cousa e esquéceste de todo aquilo que che rodea.

Xógase cando se atende ao que se fai no momento no que se fai.

O xogo é un mecanismo para aprender as habilidades necesarias para relacionarse co mundo.

No xogo estabelécese unha conexión contigo mesm@ que te leva a saber quen es. Iso é importantísmo. Sabemos quen somos realmente? Ou se esa pregunta for demasiado complexa: sabemos o que nos faría feliz (de verdade), sabemos o que nos gusta, o que nos fai ben? Sabemos o que queremos e por que estamos nesta vida?

O que importa no xogo é o proceso, NON o resultado. Para que saibades do que falamos: se MIÚD@S que están a xogar nun parque tivesen diante dos seus ollos un resultado, o que estarían a facer sería teatro. É importante que non haxa xuízo de ningún tipo. Un xuízo, dá igual se positivo ou negativo, sempre destacará o resultado e destruirá todo o resto.

Xogar é estar na rúa do barrio, no bosque, na horta ou onde sexa durante horas sen adult@s.
Se @ nen@ non xoga será incapaz de aprender algo por si mesm@ e iso é algo que eu vexo nas miñas clases de alemán. Dá igual que @ nen@ sexa brillante ou non, vaia a un instituto de renome ou a un colexio calquera, teña 8 ou 17,... Tod@s cando chegan a un problema que nunca viron e de cuxa solución aínda non falaramos din que non saben e alí se acabou a historia. Non buscan solucións, non coñecen o pracer de se mergullar en posibilidades dende aburridas até disparatadas.

O xogo ocorre dende dentro e a actividade lúdica dende fora. Coidado de non confundilo. Nós non estamos a falar dun vídeoxogo, nin dun xogo de mesa, nin dunha actividade proposta e dirixida. Estamos a falar do que se pode observar cando hai certa liberdade. André Stern, o fillo de Arno Stern dixo: Se deixas unh@ nen@ tranquil@ dá igual en que circunstancia xogará.

O xogo xorde dunha necesidade. É empoderamento, unha aventura emocionante. É inventar camiños que van por dentro de ti. É unha conexión profunda contigo mesm@, a ausencia de proxectos e plans previamente trazados. É unha decisión persoal. No xogo non existe frustración e, moi importante, se non hai reto, non hai xogo!

Recoméndovos que lle botedes unha ollada a Imagine Elephants.

Xogar é sentir un pracer e unha alegría inmensos.
Xogar é fluír.
Xogar é vivir.




O xogo. Algo inútil?

Vivimos nunha sociedade que rebate a importancia do xogo tódolos días até o extremo de parecernos ese algo supérfluo do que podemos prescindir sen problema, ocupando o tempo d@s MIÚD@S con todo tipo de actividades que prometen ser frutíferas para o seu desenvolvemento e o seu futuro. Nin se nos ocorre que iso talvez poida ser contraproducente.

O xogo pertence ao tipo de cousas alcumadas de improdutivas, porque nin producen nin teñen un resultado aparente, cando en realidade son inimaxinabelmente necesarias e importantes. Elena dixo: @ nen@ que xoga está decidindo que quere ser de maior e iso é de suma importancia. Pois iso! O que se quere ser de maior non se decide aos 15, 16 ou 18 anos nunha sesión cunh@ orientador@ laboral, facendo tests de multiopcións. Isto realmente debería irse decidindo moito antes e doutra maneira. Para poder estar seguros da nosa decisión, invertir toda a nosa forza nesa empresa e por conseguinte ter máis posibilidades dunha vida feliz.

Os animais xogan. Como gastan enerxía en algo tan inútil?, pregúntame Patricia antes de me desvelar que os animais que máis xogan son os que teñen máis posibilidades de sobrevivir. Tamén me conta dunha tribo na que a única ocupación d@s ne@s ata os 16 anos é xogar. Á pregunta de por que o fan así responden: Así aprenden as habilidades para ser adult@s eficaces. No xogo é cando máis aprenden de si mesm@s e d@s outr@s.

Recordo ter lido nalgún artigo sobre o sistema educativo nos paises nórdicos, que fixeran un estudo para saber en que momento das clases @s nen@s aprenden máis e resulta que é no recreo.

Creo que todos estes datos non precisan de máis comentarios.




Consecuencias dun mundo sen xogo.

No xogo @s nen@s son @s don@s da súa propia vida (e por suposto non só @s nen@s) Di Peter Gray no seu libro Aprender en libertad que se lles quitas o xogo todo caerá. Dende os anos 50 os casos de ansiedade e depresión en nen@s incrementáronse dun xeito preocupante. Tod@s sabemos de varios casos así. Onde imaxinades que estaban @s ne@s hai 50 anos un mércores pola tarde? E onde están agora? Non teñen tempo para xogar. Son unhas personiñas moi ocupadas.




O xogo no Xogo de Pintar.

O xogo de Pintar non é para aprender a pintar. O que se pinta non ten importancia. É un lugar que está para responder á necesidade innata do ser humano de se expresar. Éntrase en conexión con unh@/un mesm@ e experiméntase este pracer, esta alegría que produce o xogo e que moit@s adult@s esquecimos xa. Experimentemos a vida! Xogamos pondo trazos de cores enriba dun papel e @s persoas que asisten coidarán o noso xogo. Non sei vós, eu téñovos unhas ganas enormes. Seica ás/aos adult@s lles custa máis entrar no xogo que ás/aos MIÚD@S. Teñen moito máis que desaprender (para saber o que podes ler a 1ª parte da entrevista).


O Xogo de Pintar e a crise.

Para conectar co teu propio xogo ten que haber crise. A crise do xogo é soltar todo o aprendido. As crises son máis habituais n@s MIÚD@S porque están moito máis sometid@s ao xuízo d@s adult@s. A escola é un cocedoiro de xuízos, alí as crianzas son dirixid@s constantemente. E cando quedan sos de súpeto non saben que facer! 
Deixan de debuxar porque non deixamos que sigan o camiño natural da Formulación de Arno Stern. Só precisan alguén que lles asista, que confíe nel@s e non @s xulga para poder recuperar esa maneira de debuxar xogando ou xogar debuxando. Se unha/un MIÚD@ ten a capacidade creadora inhibida non terá moi ben tampouco a súa capacidade de xogar. Fuxirá do debuxo porque lle dá problemas! Foxe por medio de calquera distracción e iso chámase crise. Neste momento pode haber abandono se non nos coidamos. Para que iso non pase as persoas que asisten nas sesións do Xogo de Pintar informan da existencia das crises e insisten moito en que hai que acudir tódalas veces sen saltarse ningunha. Nos obradoiros impartidos por Miguel Castro en Euskadi págase por iso o ano por adiantado. Mais non todo son obrigas. Tamén hai dereitos e o primeiro dereito d@ participante é non xogar. Xuntamos iso a que @ asistente confiará plenamente en nós... é dicir, que coa falta da nosa confianza incondicional nas nosas capacidades témola súa... e isto ten que saír ben. Paréceme un espazo xenial para descubrir o noso xogo perdido.


Anotádevos, e non só me refiro @s MIÚD@S! Anotádevos nais e pais tamén porque xogando un pásalo tan ben, quedamos refrescad@s, é xenial para a nosa alma, para o noso benestar e xa sabedes que se nós estamos ben, @s nos@s MIÚD@S tamén o estarán!


Moitas grazas por ler, comentar e compartir.

+información:
Patricia Rivera * patricia.riveracrespo@gmail.com * 652 606 996
ECO Escola de Arte (Rúa do Vilar, 68 en Santiago de Compostela) * www.ecoescueladearte.com 981572 432
Horarios:
No Colexio Montessori Compostela será os luns de 18 a 19:30 e os xoves de 16 a 17:30 asistido por Patricia Rivera e na ECO Escola de Arte é os martes de 18 a 19:30 e asistirá Olalla Diéguez.